Ir o contido principal

Convocatoria para a formación dunha lista de agarda para contratacións laborais temporais dun/ha técnico/a deportivo/a multidisciplinar para substitucións de persoas traballadoras ou por circunstancias da produción

Proceso selectivo para a formación dunha lista de agarda, mediante contrato laboral temporal, por substitucións de persoas traballadoras ou por circunstancias da produción.

Requisitos xerais das persoas aspirantes

As persoas aspirantes á lista de agarda deben reunir os seguintes requisitos xerais:

  • a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego publico de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
  • b) Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións do posto de traballo ao que se aspira.
  • d) Non ter sido separado ou despedido mediante expediente disciplinario de ningunha
    Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso dos nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
  • e) Estar en posesión da titulación esixida.
     
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.05.2025.