Ir o contido principal

Visita da Reitora ao Verán CampUSC 2026

A reitora e da vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar nun momento do encontro [Foto: Santi Alvite]
A reitora e da vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar nun momento do encontro [Foto: Santi Alvite]
A reitora Rosa Crujeiras e a vicerreitora de Estudantes, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón, visititaron hoxe aos nenos e nenas que participan na cuarta quenda do Verán CampUSC. Estiveron acompañadas do xerente da Fundación USC, Óscar Hermida, e do director do programa, Anxo Tarrío.

No encontro os nenos e nenas da cuarta quenda aproveitaron para suxerir novas actividades de cara a futuras edicións. Ao seu remate, fixeron unha visita ao Colexio de Fonseca para coñecer e saber máis do patrimonio cultural universitario.

No Verán CampUSC, no que colaboran o Concello de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña, os rapaces e rapazas participantes contan cun variado programa de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e saídas culturais.

Todas as actividades e obradoiros están especificamente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.

Foto de familia coa reitora e a vicerreitora [Foto: Santi Alvite]
Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.07.2026.