Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
Pagamento
O prazo para que as persoas admitidas no período de inscrición formalizasen a súa praza efectuando o pagamento está finalizado.
Os chamamentos ás persoas que figuran nas listas de agarda faranse por correo electrónico e haberá un prazo de 48 horas para formalizar a praza.
Pode consultar na seguinte táboa o estado da inscrición de cada quenda:
| 1ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
| 2ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
| 3ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
| 4ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
| 5ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |