Ir o contido principal

Entregados os premios do XII Concurso de Postais de Nadal

Alejandra Maseda Lorenzo e Guillén Pedrosa Raimúndez, xunto co xerente da Fundación USC, Óscar Hermida
Alejandra Maseda Lorenzo e Guillén Pedrosa Raimúndez, xunto co xerente da Fundación USC, Óscar Hermida
O pasado día 2 de xaneiro fíxose entrega dos premios do XII Concurso de Postais de Nadal. Á gañadora, Alejandra Maseda Lorenzo de 12 anos, correspondeulle unha praza no Verán CampUSC 2025 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. Guillén Pedrosa Raimúndez, de 9 anos, que obtivo un accésit, recibiu un pequeno lote de libros.

O xerente da Fundación USC, Óscar Hermida, foi o encargado da recepción dos gañadores e da entrega dos premios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.01.2025.