Ir o contido principal

Obxectivos

A Fundación Universidade de Santiago de Compostela é unha entidade que ten como actividades fundacionais:

  1. Xestionar os servizos para a realización de actividades físicas e deportivas na Universidade de Santiago de Compostela.
     
  2. Xestionar os espazos en coordinación cos diferentes centros da Universidade de Santiago de Compostela.
     
  3. Xestionar actividades e servizos de carácter cultural, museístico, patrimonial e social.
     
  4. Organizar conferencias, simposios, mesas redondas ou seminarios, cursos e calquera outro tipo de reunións sobre os temas propios dos seus obxectivos.
     
  5. Xestionar o servizo de limpeza de edificios e locais da Universidade de Santiago de Compostela.
     
  6. Xestionar os servizos de reprografía, impresión dixital, material audiovisual e multimedia relacionados coa comunidade universitaria.
     
  7. Realizar actividades de promoción, explotación, comercialización e posicionamento da imaxe de marca «USC» xunto coa xestión das tendas.
     
  8. Xestionar a actividade instrumental de servizos informáticos externos da Universidade de Santiago de Compostela.
     
  9. Xestionar os servizos relacionados coas operacións e funcionamento dos edificios e infraestruturas de Universidade de Santiago de Compostela así como a súa explotación ou uso.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.08.2024.