O plan de servizo está enfocado á consecución da máxima eficiencia posible mantendo a calidade na prestación do servizo de reprografía á comunidade universitaria:
- Coordinar e supervisar un servizo de comunicación gráfica integral para dar resposta ás necesidades da comunidade universitaria (impresión láser, impresión en gran formato, dixitalización documental, deseño, etc.).
- Impresión de documentación dende un aloxamento na nube.
- Recepción de traballos enviados dende diferentes puntos para a súa recepción nalgunha das unidades de soportes dixitais do campus.
- Un servizo comprometido co medio ambiente, respectando, en todo o que sexa aplicable, o disposto pola Lei 7/2021, de 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética.
- Dotación de cada unha das unidades de soportes dixitais cos medios técnicos necesarios para un correcto servizo.
- Servizo de mensaxería rápida para a entrega de documentación nos centros e facultades.
- Solucións de impresión en autoservizo.
Para o cumprimento deste plan de servizo a Fundación terá liberdade organizativa dentro dos parámetros xerais que contempla o documento técnico e respectándoo en todo momento.
Para implantar o plan de servizo establécense dúas unidades de soportes dixitais que estarán situadas en:
- Unidade de soportes dixitais Campus Sur: situada na Casa Gradín.
- Unidade de soportes dixitais Campus Norte: situada no edificio da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.