A Fundación Universidade de Santiago de Compostela (FUSC) ten a consideración de medio propio personificado da Universidade de Santiago de Compostela, de acordo co establecido no artigo 3 dos Estatutos da Fundación, modificados por acordo do Padroado de 30 de decembro de 2019, elevado a público en virtude de escritura outorgada o 24 de xaneiro de 2020 ante o Notario de Santiago de Compostela, Don Marcelino Estévez Fernández, con número 108 do seu protocolo e previa conformidade e autorización do Consello de Goberno e Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.
Para a consecución dos seus fins a Fundación poderá levar a cabo, con carácter enunciativo e non limitativo, as seguintes actividades (artigo 7 dos Estatutos Fundación USC):
-
Xestionar os servizos para a realización de actividades físicas e deportivas da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Xestionar os espazos en coordinación cos diferentes centros da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Xestionar actividades e servizos de carácter cultural, museístico, patrimonial ou social.
-
4. Organizar conferencias, simposios, mesas redondas ou seminarios, cursos e calquera outro tipo de reunións sobre os temas propios dos seus obxectivos.
-
Xestionar o servizo de limpeza de edificios e locais da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Xestionar os servizos de reprografía, impresión dixital, material audiovisual e multimedia relacionados coa comunidade universitaria.
-
Realizar actividades de promoción, explotación, comercialización e posicionamento da imaxe da marca «USC» xunto coa xestión de tendas.
-
Xestionar a actividade instrumental de servizos informáticos externos da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Xestionar os servizos relacionados coas operacións e funcionamento dos edificios e infraestruturas de Universidade de Santiago de Compostela así como a súa explotación ou uso.