Ir o contido principal

Contratación temporal de técnico/a deportivo/a en actividades acuáticas

Convocatoria para un proceso selectivo para a contratación temporal por substitución de persoas traballadoras ou circunstancias da produción e con carácter de urxencia.

As candidaturas solicitaranse directamente ao Servizo Público de Emprego de Galicia.

As persoas aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

  • a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
  • b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións do posto de traballo ao que se aspira.
  • d) Non ter sido separado ou despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso dos nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
  • e) Contar con algunha das seguintes titulacións (ou superiores):
    a. Técnico superior en Ensinanza e animación sociodeportiva (ou equivalente)
    b. Profesor de Natación

O cumprimento estrito dos requisitos será condición necesaria para a admisión dos/as candidatos/as ao proceso de selección.

Actualizacións

  • O 8 de febreiro publicouse a listaxe provisional de persoas admitidas.
  • O 16 de febreiro publicouse a listaxe definitiva de persoas admitidas e a convocatoria de entrevistas persoais.
  • O 23 de febreiro publicáronse as puntuacións provisionais.
  • O 29 de febreiro publicáronse as puntuacións definitivas.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.02.2024.