Ir o contido principal

Contratación temporal de dependente/a

Convocatoria e bases reguladoras para a contratación temporal por susbtitución de persoa traballadora ou circunstancias da produción e con carácter urxente.

Tipo de contrato: contrato temporal por substitución doutro traballador/a ou contrato temporal por
circunstancias da produción.
Xornada de traballo: xornada completa de luns a domingo (cos descansos obrigatorios indicados
en convenio colectivo).
Categoría laboral: dependente/a
Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións do posto de traballo ao que se aspira.

d) Non ter sido separado ou despedido mediante expediente disciplinario de ningunha
Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades
autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o
desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso dos nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

e) Estar en posesión, como mínimo, da titulación de Educación Secundaria Obrigatoria.

f) Experiencia, como mínimo de 6 meses en postos de natureza equivalente ao posto convocado.

g) Estar en posesión, como mínimo, do Celga 2 ou equivalente.

A documentación será remitida directamente polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2024.