Ir o contido principal

Contratación laboral de coordinador/a do servizo de limpeza

Convocatoria e bases reguladoras para a contratación laboral dun/ha coordinador/a do servizo de limpeza pola Fundación USC mediante contrato laboral de carácter indefinido.

Denominación do posto: coordinador/a xeral do servizo de limpeza.
Tipo de contrato: indefinido
Número de postos: 1
Prazo de presentación: Ata o 12 de marzo

Os/as aspirantes ao posto convocado deben reunir os seguintes requisitos xerais:

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego publico de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

b) Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación
forzosa.

c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións do posto de traballo ao que se aspira.

d) Non ter sido separado ou despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso dos nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

e) Estar en posesión da titulación esixida de acordo co Anexo I das bases.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.07.2024.