Ir o contido principal

Convocatoria para a formación dunha bolsa de traballo para contratacións laborais temporais como monitor ou monitora de actividades de deportes de raqueta

A Fundación USC Deportiva procede a convocar unha bolsa de traballo para realizar posibles contratacións temporais como monitor ou monitora de actividades de deportes de raqueta.

As funcións do posto de traballo serán:

  • Realización das tarefas de monitor ou monitora en actividades de raqueta en grupos de diferentes idades.
  • Acompañamento ás competicións aos diferentes grupos de deportistas en caso de que existan.

  • Realizar as tarefas de control e asistencia dos diferentes grupos.

  • Realizar as tarefas inherentes as responsabilidades do posto.

O prazo de admisión de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados a partires do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Fundación USC Deportiva.

Documentación do proceso

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2022.