Ir o contido principal

Contratación dun/ha coordinador/a e monitor/a con especialidade en taekwondo

A Fundación USC Deportiva procede a convocar un posto de traballo como coordinador/a e monitor/a con especialidade en taekwondo. A praza que se convoca é para cubrir unha vacante do persoal fixo descontinuo seleccionado no proceso de selección do 30 de xuño de 2011.

Faise pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a contratación de persoal pola Fundación USC Deportiva dun/ha coordinador/a e monitor/a con especialidade en taekwondo.

As persoas admitidas e excluídas con requerimentos de enmenda dispoñen, de acordo coa base 6 da convocatoria, dun prazo de 3 días naturais a contar desde o seguinte á publicación deste acordo para a subsanación do motivo da exclusión.

Faise pública a listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso de selección para a contratación de persoal pola Fundación USC Deportiva dun/ha coordinador/a e monitor/a con especialidade en taekwondo e a convocatoria de entrevistas personais da Fase II do proceso (horarios, datas e lugar de realización).

Publícanse os resultados da fase I e II, os resultados finais e a resolución provisoria do proceso de selección para a contratación dun/ha coordinador/a e monitor/a con especialidade en taekwondo pola Fundación USC Deportiva.

Resolución definitiva e lista de agarda do proceso selectivo para a contratación dun/ha coordinador/a e monitor/a especialista en taekwondo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2024.