Requisitos xerais das persoas aspirantes.
As persoas aspirantes deberán reunir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e manterse no momento da formalización do contrato, os seguintes requisitos xerais:
- a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego publico de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
- b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
- c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións do posto de traballo ao que se aspira.
- d) Non ter sido separado ou despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso dos nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
- e) Estar en posesión da titulación esixida de acordo co Anexo I.
Requisitos específicos
As persoas aspirantes deberán reunir os requisitos específicos que se sinalan no anexo I. Estes requisitos deberán cumprirse tanto na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes como no momento da formalización do contrato. No caso de non acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos, os aspirantes serán excluídos do proceso.
Prazo
O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria na devandita sección de emprego da web da Fundación USC.