A presente convocatoria ten por obxecto regular o proceso selectivo para a contratación laboral de carácter especial dun/ha Director/a de área de servizos informáticos externos pola Fundación USC, mediante contrato laboral de alta dirección.
Prazo de presentación de solicitudes do 12 ao 25 de abril.
Un/unha (1)
- Estar en posesión dun título universitario oficial. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación.
- Requírese acreditar unha experiencia mínima de 10 anos en postos de responsabilidade en xestión de servizos informáticos no ámbito universitario e xestión de equipos de traballo.
Contrato laboral especial de alta dirección formalizado ao abeiro do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial do persoal de alta dirección.
Indefinido