Ir o contido principal

Convocatoria para a formación dunha lista de agarda para contratacións temporais na categoría de limpador/a nos campus de Santiago de Compostela e Lugo

Convocatoria para a formación dunha lista de agarda para contratacións temporais na categoría de limpador/a da Fundación Universidade de Santiago de Compostela nos campus de Santiago de Compostela e Lugo. Prazo de presentación: 15 días naturais a partir do día seguinte da súa publicación (ata o día 2 de xuño ás 14 h).

Actualización de méritos 2024

O prazo para presentar as solicitudes de actualización de méritos será dun mes, a contar dende o día 1 ao 31 de marzo de 2024, ambos inclusive.

Ampliación da lista de agarda

Amplíase a lista de agarda, convocada por resolución do 16 de maio de 2022 e publicada con data do 18 de maio de 2022, para contratacións laborais temporais na categoría de limpador/a pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela, de maneira que estea conformada por un total de 75 candidatos/as para o Campus universitario de Santiago de Compostela e 50 candidatos/as para o Campus de Lugo.

As persoas interesadas en formar parte da lista, deberán presentar as súas solicitudes no prazo de quince (15) días naturais, segundo as bases da convocatoria inicial, contados a partir do seguinte ao da publicación da seguinte resolución nesta páxina, non sendo necesario que as persoas que xa formen parte da lista presenten unha nova solicitude.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2024.