Ir o contido principal

Formación de lista de agarda de monitor/a de ocio educativo

O obxecto da convocatoria é a regulación do procedemento para a formación dunha lista de agarda para
contratacións con carácter temporal na categoría de Monitor/a de ocio educativo e tempo libre para o Museo Domus do Mitreo.

Xornada de traballo: tempo parcial
Lugar de traballo: Lugo
Categoría profesional: Monitor de ocio educativo e tempo libre (Grupo V. Persoal de atención directa)

As candidaturas solicitaranse directamente ao Servizo Público de Emprego de Galicia.

Os/as aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións do posto de traballo ao que se aspira.

d) Non ter sido separado ou despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o des empeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso dos nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acc eso ao emprego público nos termos anteriores.

e) Estar en posesión, como mínimo, da titulación de Bacharelato .

f) Experiencia mínima de 6 º meses en postos de natureza equivalente ao posto convocado.

g) Estar en posesión, como mínimo, do Celga 4 ou equivalente.

O cumprimento estrito dos requisitos será condición necesaria para a admisión dos/as candidatos/as ao proceso de selección.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2024.