Ir o contido principal

Bolsa de emprego: Técnico/a deportivo/a de tenis

Convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para realizar contratacións laborais temporais no posto de traballo de Técnico/a deportivo/a de tenis da Fundación USC.

Esta convocatoria deixa como secundarias as bolsas de emprego conformadas en procesos de selección anteriores para a mesma categoría, das que se faría uso de ser preciso por esgotamento desta.

As persoas interesadas nesta convocatoria poden presentar as súas solicitudes directamente na sede da Fundación Universidade de Santiago de Compostela (Avenida das Ciencias, 6, 1. Campus Viga, 15702 Santiago de Compostela) en horario de atención ao público (9 a 14 horas de luns a venres).

O prazo de presentación das solicitudes rematou o xoves 21 de setembro.

O 5 de outubro publicouse a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.

O 13 de outubro publicáronse as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, así como a convocatoria das entrevistas persoais.

O 27 de outubro publiouse a resolución definitiva.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2024.