Ir o contido principal

Director/a de área de servizos informáticos externos

Convocatoria e bases reguladoras para a contratación laboral de carácter especial de persoal directivo para a Fundación USC.

A presente convocatoria ten por obxecto regular o proceso selectivo para a contratación laboral de carácter especial dun/ha Director/a de área de servizos informáticos externos pola Fundación USC, mediante contrato laboral de alta dirección.

Prazo de presentación de solicitudes do 12 ao 25 de abril.

Un/unha (1)

  • Estar en posesión dun título universitario oficial. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación.
  • Requírese acreditar unha experiencia mínima de 10 anos en postos de responsabilidade en xestión de servizos informáticos no ámbito universitario e xestión de equipos de traballo.

Contrato laboral especial de alta dirección formalizado ao abeiro do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial do persoal de alta dirección.

Indefinido

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2023.