Actualización de méritos 2024
O prazo para presentar as solicitudes de actualización de méritos será dun mes, a contar dende o día 1 ao 31 de marzo de 2024, ambos inclusive.
Ampliación da lista de agarda
Amplíase a lista de agarda, convocada por resolución do 16 de maio de 2022 e publicada con data do 18 de maio de 2022, para contratacións laborais temporais na categoría de limpador/a pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela, de maneira que estea conformada por un total de 75 candidatos/as para o Campus universitario de Santiago de Compostela e 50 candidatos/as para o Campus de Lugo.
As persoas interesadas en formar parte da lista, deberán presentar as súas solicitudes no prazo de quince (15) días naturais, segundo as bases da convocatoria inicial, contados a partir do seguinte ao da publicación da seguinte resolución nesta páxina, non sendo necesario que as persoas que xa formen parte da lista presenten unha nova solicitude.