Esta convocatoria deixa como secundarias as bolsas de emprego conformadas en procesos de selección anteriores para a mesma categoría, das que se faría uso de ser preciso por esgotamento desta.
As persoas interesadas nesta convocatoria poden presentar as súas solicitudes directamente na sede da Fundación Universidade de Santiago de Compostela (Avenida das Ciencias, 6, 1. Campus Viga, 15702 Santiago de Compostela) en horario de atención ao público (9 a 14 horas de luns a venres).
O prazo de presentación das solicitudes rematou o xoves 21 de setembro.
O 25 de setembro publicouse a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.
O 29 de setembro publicouse a listaxe defintiva de persoas admitidas e excluídas e convocáronse as entrevistas.