Ir o contido principal
  • USC

Carta do presidente da Fundación USC

Agradecemento da Fundación USC ás familias do Verán CampUSC 2024

Antonio López Díaz.  Presidente da Fundación USC
Antonio López Díaz. Presidente da Fundación USC
O presidente da Fundación USC remitiu unha carta de agradecemento ás familias das e dos participantes na pasada edición do Verán Campus

Estimadas familias,

Como presidente da Fundación USC, gustaríame agradecervos ter confiado no programa Verán CampUSC como alternativa de tempo libre para que as vosas fillas e fillos compartiran experiencias durante este último verán.

Foron máis de cincocentas cativas e cativos os que formaron parte de Verán CampUSC nesta 16ª edición nas actividades programadas durante as cinco quendas desenvoltas entre xuño e setembro. Este novo éxito de inscrición non fai máis que asegurar a continuidade dunha actividade que naceu como fórmula de conciliación entre a vida laboral e familiar e que se ten convertido nun dos grandes eventos infantís na cidade de Compostela.

Reiterando o meu agradecemento, recibide un cordial saúdo.

Antonio López Díaz

Presidente da Fundación USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2024.