Ir o contido principal

Alejandra Maseda Lorenzo gaña o XII Concurso de postais de Nadal

Primeiro premio do XII Concurso de Postais de Nadal
Primeiro premio do XII Concurso de Postais de Nadal
O xurado do XII Concurso de postais de Nadal da Fundación Universidade de Santiago de Compostela fixo público seu veredicto declarando gañador o debuxo de Alejandra Maseda Lorenzo, de 12 anos, e un accésit para o debuxo de Guillén Pedrosa Raimúndez, de 9 anos.

O premio consiste nunha praza no Verán CampUSC 2025 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. O accésit está premiado cun pequeno lote de libros.

O xurado estivo composto por:

  • Fina Casal Martínez, directora da Área de Proxección Institucional e Imaxe da Fundación USC
  • Alberto Rodríguez Pérez, deseñador da Fundación USC
  • Rocío Bulnes Fraga, técnica Deportiva da Fundación USC
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2024.