Crónica dunha ilusionante tempada (1)
O CLUB USC campión galego na categoría infantil en cuarta división

Na primeira fase da competición, o equipo infantil da USC tivo vitorias ante o Squash de Santiago, Club Tenis A Pedralba e RSD Hípica da Coruña e derrotas ante o Sporting Casino Coruña e o Club Tenis Coruña. Con estes resultados, o Club USC disputou a cuarta categoría autonómica por sistema de eliminación directa.
Na primeira volta, os infantís do Club USC derrotaron ao Recreo Cultural da Estrada B. Esta eliminatoria rematou con empate a partidos e sets e decidiuse pola mellor media de partidos do noso equipo.
Xa en semifinais, os da USC derrotaron nas pistas universitarias ao Club Tenis de Redes por 5-1. A final íase enfrontar de novo contra o Recreo Cultural da Estrada, pero o seu equipo A, esta vez e nas pistas da USC. Vitoria dos infantís da USC por 4-2.
Os xogadores gañadores do título galego foron Andrés Saldaña, Brais Andrade, David García, Jaime Martínez e Álvaro Martínez.