Ir o contido principal

Entrega do premio do X Concurso de postais de Nadal da Fundación USC

Imaxe da entrega do premio
Entrega do premio á gañadora do concurso
O premio consistiu nunha praza no Verán CampUSC 2023 e nun vale de 100 € para canxear por material deportivo.

O pasado 4 de xaneiro, entregouse o premio do X Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC. A gañadora foi Aldara González Torreiro, de 9 anos, e o premio consistiu nunha praza no Verán CampUSC 2023 e nun vale de 100 € para canxear por material deportivo. O premio foi entregado polo xerente da Fundación, Óscar Hermida.

Postal Gañadora
Traballo gañador do concurso, de Aldra González Torreiro

No concurso participaron nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2010 e 2019 (ambos incluídos), que presentaron os seus traballos, en idioma galego, unindo a temática do Nadal utilizando calquera técnica de debuxo, pintura ou colaxe, unindo a temática o Nadal e o deporte.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.01.2023.