Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal a Lara Guisande e Alejandra López

O xurado do IX Concurso de Postais de Nadal acordou premiar o debuxo de Lara Guisande Calvo, de 5 anos.
O xurado acordou outorgar un accésit ao debuxo realizado por Alejandra López Fraile, tamén de 5 anos. Este premio consistirá nun pequeno lote de libros.
No día de hoxe, Lara Guisande Calvo, de 5 anos, recibiu o seu premio como gañadora do Concurso de Postais de Nadal: unha praza gratuíta no Verán CampUSC 2022 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. O xerente da Fundación Universidade de Compostela, Óscar Hermida, fixo igualmente entrega do seu premio —un lote de libros— a Alejandra López Fraile que foi galardonada cun accésit na IX edición do concurso de postais.



















