Ir o contido principal

Flying Fun no Verán CampUSC

Participantes na actividade
Participantes na actividade
Esta mañá o Verán CampUSC contou coa primeira das cinco visitas previstas das profesoras de Flying Fun, que ofreceron unha actividade íntegramente en inglés para os rapaces e rapazas do grupo C.

As participantes fixeron actividades de presentación, traballaron as emocións, executaron o saúdo ao sol e diferentes posturas de ioga a través de contos e cancións e remataron cunha pequena manualidade. Contaremos con máis visitas desta escola sita na rúa Santa Marta ao longo do mes de xullo para que todos os grupos as coñezan.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2024.