A Fundación Universidade de Santiago de Compostela está a traballar na XV edición do Verán CampUSC
Esta edición Verán CampUSC terá lugar durante o periodo non lectivo do verán agás o mes de agosto.
A actividade estará dirixida a rapaces e rapazas nacidos/as entre 2006 e 2019 (ambos incluidos) e está prevista a apertura da inscrición na semana do 10 de abril a través desta mesma web.
Verán CampUSC constará de 5 quendas, con horario de 8:45 a 14:45, que se desenvolverán entre xuño e setembro seguindo o seguinte calendario: 1ª quenda do 22 ao 30 de xuño, 2ª quenda do 3 ao 14 de xullo,
3ª quenda do 17 ao 21 de xullo, 4ª quenda do 24 ao 31 de xullo e 5ª quenda do 1 ao 7 de setembro.