XI Concurso de postais de Nadal
Martín Rodríguez Leis gañou o XI Concurso de postais de Nadal da Fundación Universidade de Santiago de Compostela
Formaron parte do xurado Fina Casal, en represenacion da área de proxección institucional e imaxe da Fundación USC; Alberto Rodríguez, da área de reprografía da Fundación USC e Rocío Bulnes, da área deportiva da Fundación USC.
O premio consiste nunha praza no Verán CampUSC 2024 e un vale de 100 € para trocar por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago.
O xurado valorou a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada, o nadal e o deporte, resultando gañador o traballo de Martín Rodríguez Leis e merecedor dun Áccesit o de Marco Uhía Ferreiro.