Visita institucional ao Concello e ao Reitorado
Rematou unha nova e exitosa edición do Verán CampUSC
![Visita ao Reitorado do Verán CampUSC 2024 [Foto. Santi Alvite] Visita ao Reitorado do Verán CampUSC 2024](/sites/default/files/styles/content_inner_main_image/public/image/2024-09/recepcion-veran-campus-02.jpg?h=0b231ac9&itok=DYWQsNVU)
A actividade de peche do Verán CampUSC 2024 foi a visita institucional do grupo de rapaces e rapazas máis maiores ao Concello e ao Reitorado, onde foron recibidos polo Reitor, Antonio López, e a alcaldesa, Goretti Sanmartín. O grupo estivo acompañado polo xerente da Fundación, Óscar Hermida.
O Verán CampUSC remata esta nova e existosa edición como un programa de conciliación consolidado que, ademais de realizar diferentes obradoiros, actividades e saídas culturais, abeirou desde finais de xuño un amplo e diverso abano de actividades centrado no desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes coa intención de promover valores de perspectiva de xénero, disciplina, esforzo, integración e hixiene, facendo uso das instalacións deportivas da USC e da contorna verde do Campus Vida.