Crónica dunha ilusionante tempada (e 3)
Subcampioas na División de Prata e na Segunda División Feminina

Na primeira fase da competición, o Club USC A logrou vitorias ante o Club Tenis Ponteareas e Universidade. de Vigo, empate ante o Club Tenis Punta Salera e derrotas ante o Clube URECA B e Clube de Tenis Gondomar A.
Na fase polo título derrotaron na primeira volta ao Casino Ferrolano e nas semifinais ao Clube URECA B ao que se enfrontaron na primeira fase.
As xogadoras que lograron o posto de subcampionas galegas foron Matilda Gómez, María Díaz, Inés Vázquez, Ainhoa Ríos, Ángela Turrero e Aldara Calvo.
Na Segunda división, o Club USC B disputou a final e perdeuna ante o Clube Tenis Tui por 3-1.O Clube USC B non puido reeditar o título obtido no ano 2021, pero chegou ao último partido do ano 2022. Esta final xogouse en Tui.
Na primeira fase da competición o Club USC B obtivo dúas vitorias, dúas derrotas e un empate. Vitorias ante Clube Grupo Bazán e Clube Tenis As Termas, derrotas ante RSD Hípica A Coruña, Club Family Tilos e empate ante Escuela de Tenis Justo al Revés.
Na segunda fase da competición e na primeira rolda o Clube USC B derrotou ao Clube Deportivo Dereito-Empresariais Ourense por un claro 3-0, na semifinal repetiuse enfrentamento ante o Clube Family Tilos, esta vez nas canchas universitarias e nesta volta con vitoria universitaria por un contundente 4-0.
As xogadoras integrantes do equipo subcampión galego foron Verónica Marcos, Iria Santos, Sara Rodill, Alicia Saldaña, Abeba Fernández, Trinidad Casas e Inés Vázquez.
Outras participacións
Noutras categorias tamén brillaron os nosos representantes. No benxamín masculino xogaron as semifinais da terceira categoría. Na de Júnior Feminina as nosas xogadoras xa acadaron un éxito relevante ao xogar a División de Honra, formada polos 4 mellores equipos autonómicos. Na alevín masculina, os nosos perderon en cuartos cos posteriores campións con claridade, Clube Tenis Redes, ao empatar a partidos, sets e por un xogo de diferenza gañaron os da Ría de Ares; e en Veteranos +60 o Clube USC acadou o terceiro posto na Primeira División.
No aspecto negativo hai que anotar o descenso do equipo de veteranos de +45 de División de Honra. Estivo a un punto de xogar polo título. Perder ese punto, ese xogo, ese partido e esa eliminatoria ante A. D. Tenis e Padel Soutomaior significou en vez de xogar polo título, pasar a xogar por non descender. E nesta fase de descenso déronse todas as condicións adversas (lesións, covid, ausencias...) e acabouse perdendo a máxima categoría autonómica.