Ir o contido principal

Verán CampUSC

Xogar e aprender a facer un uso responsable da auga

Verán Campus 2022
Verán Campus 2022
O xoves 14, os nenos e nenas dos grupos C e D do Verán CampUSC desprazáronse ata o parque de Galeras para participar dunha acción de voluntariado organizada por Viaqua onde, ademais de xogar e pasalo ben, fixéronse máis conscientes da necesidade de facer un uso reesponsable do consumo da auga.

Tamén puideron comprobar canto lixo e refugallos temos diante de nós todos os días. Unha xornada de voluntariado ambiental compartida xunto cos novos amigos e amigas da Asociación Amicos, cos que compartiron a xornada.

A acción do Verán Campus é unha colaboración co programa europeo Let´s Clean Up Europe de Viaqua e do proxecto Re-Mar da Asociación AMICOS. Con ela preténdese concienciar á cidadanía sobre a importancia dun consumo responsable e do impacto de residuos que xeramos no medio no que vivimos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2022.