Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e o deporte durante o ano 2022, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
Consulta aquí as bases completas.
Dende o 25 de abril ao 11 de maio de 2022 estará aberto o período de inscrición para todo tipo de solicitantes. A inscrición farase cubrindo o formulario establecido a tal efecto na páxina web. En caso de haber máis solicitudes por quenda que prazas dispoñibles, utilizarase o seguinte criterio de selección.
Unha vez finalizado o período de reclamacións, publícanse as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 20.
As persoas admitidas deberán formalizar a súa praza efectuando o pagamento ata o 6 de xuño a través da pasarela de pagamento. Non hai que cubrir de novo o formulario de inscrición.
As persoas inicialmente admitidas que non formalicen a praza antes do 6 de xuño, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.
Cubertas todas as prazas nas quendas do Verán CampUSC, xa non é posible inscribirse en ningún dos grupos idade. Unha vez finalizado o período de reclamacións, publícanse as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2022