Ir o contido principal

Verán CampUSC 2025

O programa Verán CampUSC 2025, organizado pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela, é unha actividade que ten lugar no período non lectivo do verán (agás o mes de agosto) co fin de conciliar a vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral.

Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.

Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.

Bases de participación actualizadas

O mércores 15 de maio de 2025 publicouse no DOG o calendario escolar do curso 2025/2026 en Educación Infantil e Primaria. A data de comezo do curso será o 8 de setembro, polo que a duración da quinta quenda do Verán CampUSC 2025 pasa a ser do 1 ao 5 de setembro.

Nas bases de participación actualizadas figuran xa os novos prezos que afectan á quenda de setembro. Para aquelas persoas que xa tiveran feito o pagamento, nas vindeiras semanas procederase a facer as devolucións correspondentes. As persoas que aínda non fixeron o pago poden proceder a realizalo coas novas tarifas. 

Pagamento

O prazo para que as persoas admitidas no período de inscrición formalizasen a súa praza efectuando o pagamento está finalizado. 

Os chamamentos ás persoas que figuran nas listas de agarda faranse por correo electrónico e haberá un prazo de 48 horas para formalizar a praza. 

Pode consultar na seguinte táboa o estado da inscrición de cada quenda:

1ª quenda

PRAZAS CUBERTAS

2ª quenda

PRAZAS CUBERTAS

3ª quenda

PRAZAS CUBERTAS

4ª quenda

PRAZAS CUBERTAS

5ª quenda

PRAZAS CUBERTAS
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.06.2025.