Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
Bases de participación actualizadas
O mércores 15 de maio de 2025 publicouse no DOG o calendario escolar do curso 2025/2026 en Educación Infantil e Primaria. A data de comezo do curso será o 8 de setembro, polo que a duración da quinta quenda do Verán CampUSC 2025 pasa a ser do 1 ao 5 de setembro.
Nas bases de participación actualizadas figuran xa os novos prezos que afectan á quenda de setembro. Para aquelas persoas que xa tiveran feito o pagamento, nas vindeiras semanas procederase a facer as devolucións correspondentes. As persoas que aínda non fixeron o pago poden proceder a realizalo coas novas tarifas.
Pagamento
O prazo para que as persoas admitidas no período de inscrición formalizasen a súa praza efectuando o pagamento está finalizado.
Os chamamentos ás persoas que figuran nas listas de agarda faranse por correo electrónico e haberá un prazo de 48 horas para formalizar a praza.
Pode consultar na seguinte táboa o estado da inscrición de cada quenda:
1ª quenda |
CHAMANDO LISTA DE AGARDA |
2ª quenda |
CHAMANDO LISTA DE AGARDA |
3ª quenda |
CHAMANDO LISTA DE AGARDA |
4ª quenda |
CHAMANDO LISTA DE AGARDA |
5ª quenda |
PRAZAS CUBERTAS |