Ir o contido principal

XII Concurso de Postais de Nadal

A fundación USC convoca a súa XII edición do concurso de postais no que deben relacionar as temáticas do Nadal e mais o deporte.

Cartel do XII Concurso de Postais
Cartel do XII Concurso de Postais

Poden participar neste concurso nenos e nenas que naceran entre os anos 2012 e 2021, ambos incluídos, presentando un único traballo orixinal sobre unha cartolina de formato DIN-A4, que debe xuntar as temáticas do Nadal e o deporte.

Valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada.

O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2025 e un vale de 100 € para trocar por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago (en adiante Fundación). Na mesma figurará o nome do gañador ou gañadora.
 

  1. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2012 e 2021 (ambos incluídos).
     
  2. Cada participante poderá presentar un só traballo. Este debe realizarse en cartolina tamaño DIN-A4 por unha soa cara e poderase utilizar calquera técnica de debuxo, pintura ou colaxe. Os traballos non se poderán presentar enmarcados nin suxeitos con ningún tipo de soporte. As cartolinas tampouco poderán estar dobradas.
     
  3. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. No caso de levar texto (non é obrigatorio), deberá ser en galego.
     
  4. Valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada.
     
  5. Outorgarase un único premio. Este será nominal e non será transferible a outra persoa.
     
  6. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2025 e un vale de 100 € para trocar por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago (en adiante Fundación). Na mesma figurará o nome do gañador ou gañadora.
     
  7. O xurado poderá outorgar un accésit cuxo premio consistirá nun pequeno lote de libros.
     
  8. Os traballos presentaranse nun sobre pechado. No exterior do sobre indicarase “XII Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC”. No interior, acompañando á postal, incluirase un sobre pequeno pechado coa folla de inscrición que acompaña a estas bases no seu interior. Na parte posterior da postal debe indicarse a idade da persoa participante, pero nunca o seu nome.
     
  9. As postais deberán entregarse na sede da Fundación, ben de maneira presencial ou enviándoas por correo. O enderezo é: Avda. das Ciencias 6, 1º, 15782, Santiago de Compostela.
     
  10. A data límite de recepción dos orixinais será o 9 de decembro de 2024. No caso dos debuxos enviados por correo postal, só serán tidos en conta os recibidos ata o día 12 de decembro.
     
  11. O veredicto do xurado farase público o 16 de decembro de 2024 na web da Fundación (www.fundacionusc.gal).
     
  12. O acto de entrega do premio comunicaráselle oportunamente por escrito ao gañador ou gañadora.
     
  13. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
     
  14. A decisión do xurado cualificador será inapelable.
     
  15. O xurado estará composto por tres persoas. A composición do xurado farase pública na páxina web da Fundación antes de emitirse o seu fallo.
     
  16. Non poderán participar neste concurso os familiares de ata segundo grao dos membros do xurado.
     
  17. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non, autorizan á Fundación a publicar todas as obras cedidas, sen que poidan utilizarse para ningunha outra actividade non relacionada co concurso, sen límite temporal ou xeográfico.
     
  18. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, ceden así mesmo á Fundación da mesma forma e coa mesma extensión, o dereito de transformación mediante calquera modificación na súa forma, incluíndo a autorización para a creación de obras compostas.
     
  19. Os dereitos cedidos antes indicados poderán exercitarse sobre a totalidade ou parte da obra, sen ningún tipo de limitación.
     
  20. As cesións anteriores enténdense realizadas a título gratuíto.
     
  21. Os pais, nais ou representantes legais dos participantes manifestan e garantirán que as obras e a cesión que ten lugar como consecuencia da participación no concurso non infrinxen dereitos de terceiros, en particular, non infrinxen dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dereitos sobre a propia imaxe, dereitos sobre os datos persoais, nin son contrarios á lei nin aos bos costumes; e que manterán indemne á Fundación e calquera terceiro que actúe por encargo de estes por calquera reclamación da que sexa obxecto por dita causa.
     
  22. A Fundación resérvase o dereito de non publicar calquera obra cuxo contido non estea relacionado co concurso e/ou coa temática do concurso ou calquera obra cuxa autoría se sospeite que non sexa do participante rexistrado.
     
  23. A Fundación resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do concurso, incluso a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva.
     
  24. Participar neste concurso leva consigo a aceptación íntegra destas bases. A Fundación resérvase o dereito de non permitir a participación de calquera persoa cando estime que a mesma realiza un mal uso ou uso fraudulento deste concurso, mediante calquera procedemento técnico, informático ou doutro tipo.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2024.