Poden participar neste concurso nenos e nenas que naceran entre os anos 2013 e 2022, ambos incluídos, presentando un único traballo orixinal sobre unha cartolina de formato DIN-A4, que debe xuntar as temáticas do Nadal e o deporte.
Valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada.
O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2025, un vale de 100 € para trocar por material deportivo e un suadoiro da USC. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago (en adiante Fundación). Na mesma figurará o nome do gañador ou gañadora.
-
Poderán participar todos aqueles nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2013 e 2022 (ambos incluídos).
-
Cada participante poderá presentar un só traballo. Este debe realizarse en cartolina tamaño DIN-A4 por unha soa cara e poderase utilizar calquera técnica de debuxo, pintura ou colaxe. Os traballos non se poderán presentar enmarcados nin suxeitos con ningún tipo de soporte. As cartolinas tampouco poderán estar dobradas.
-
A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. No caso de levar texto (non é obrigatorio), deberá ser en galego.
-
Valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada.
-
Outorgarase un único premio. Este será nominal e non será transferible a outra persoa.
-
O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2026, un vale de 100 € para trocar por material deportivo e un suadoiro da USC. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago (en adiante Fundación). Na mesma figurará o nome do gañador ou gañadora.
-
O xurado poderá outorgar un accésit cuxo premio consistirá nun pequeno lote de libros e un suadoiro da USC.
-
Os traballos presentaranse nun sobre pechado. No exterior do sobre indicarase “XIII Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC”. No interior, acompañando á postal, incluirase un sobre pequeno pechado coa folla de inscrición que acompaña a estas bases no seu interior. Na parte posterior da postal debe indicarse a idade da persoa participante, pero nunca o seu nome.
-
As postais deberán entregarse na sede da Fundación, ben de maneira presencial ou enviándoas por correo. O enderezo é: Avda. das Ciencias 6, 1º, 15782, Santiago de Compostela.
-
A data límite de recepción dos orixinais será o 9 de decembro de 2025. No caso dos debuxos enviados por correo postal, só serán tidos en conta os recibidos ata o día 12 de decembro.
-
O veredicto do xurado farase público o 16 de decembro de 2025 na web da Fundación (www.fundacionusc.gal).
-
O acto de entrega do premio comunicaráselle oportunamente por escrito ao gañador ou gañadora.
-
O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
-
A decisión do xurado cualificador será inapelable.
-
O xurado estará composto por tres persoas. A composición do xurado farase pública na páxina web da Fundación antes de emitirse o seu fallo.
-
Non poderán participar neste concurso os familiares de ata segundo grao dos membros do xurado.
-
Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non, autorizan á Fundación a publicar todas as obras cedidas, sen que poidan utilizarse para ningunha outra actividade non relacionada co concurso, sen límite temporal ou xeográfico.
-
Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, ceden así mesmo á Fundación da mesma forma e coa mesma extensión, o dereito de transformación mediante calquera modificación na súa forma, incluíndo a autorización para a creación de obras compostas.
-
Os dereitos cedidos antes indicados poderán exercitarse sobre a totalidade ou parte da obra, sen ningún tipo de limitación.
-
As cesións anteriores enténdense realizadas a título gratuíto.
-
Os pais, nais ou representantes legais dos participantes manifestan e garantirán que as obras e a cesión que ten lugar como consecuencia da participación no concurso non infrinxen dereitos de terceiros, en particular, non infrinxen dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dereitos sobre a propia imaxe, dereitos sobre os datos persoais, nin son contrarios á lei nin aos bos costumes; e que manterán indemne á Fundación e calquera terceiro que actúe por encargo de estes por calquera reclamación da que sexa obxecto por dita causa.
-
A Fundación resérvase o dereito de non publicar calquera obra cuxo contido non estea relacionado co concurso e/ou coa temática do concurso ou calquera obra cuxa autoría se sospeite que non sexa do participante rexistrado.
-
A Fundación resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do concurso, incluso a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva.
-
Participar neste concurso leva consigo a aceptación íntegra destas bases. A Fundación resérvase o dereito de non permitir a participación de calquera persoa cando estime que a mesma realiza un mal uso ou uso fraudulento deste concurso, mediante calquera procedemento técnico, informático ou doutro tipo.