Nova edición do Verán CampUSC. Ábrese o período de inscrición até o 11 de maio

Publícanse as bases do Verán CampUSC 2022 e ábrese o período de inscrición até o 11 de maio para todo tipo de solicitantes
O programa Verán CampUSC 2022, organizado pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela, é unha actividade que ten lugar no período non lectivo do verán (agás o mes de agosto) co fin de conciliar a vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral.
Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.