Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais. Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
Programacións
1ª quenda | Descarga a programación |
2ª quenda | Descarga a programación |
3ª quenda | Descarga a programación |
4ª quenda | Descarga a programación |
5ª quenda | Descarga a programación |
Prazas cubertas
Xa non quedan prazas dispoñibles no Verán CampUSC 2024.
1ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
2ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
3ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
4ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
5ª quenda | PRAZAS CUBERTAS |
No caso de facer a inscrición cando xa non queden prazas, procederase á devolución do importe abonado.
Máis información
O programa está dirixido aos nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2011 e 2020 (ambos incluídos), fillos/as de:
- Persoal da USC
- Estudantado da USC
- Público en xeral
- Persoal da Fundación USC
No formulario de inscrición deberá indicar se o rapaz ou rapaza ten calquera tipo de enfermidade e/ou discapacidade. Estes datos só se tratarán co fin de facilitar os apoios e as adaptacións necesarias para o mellor desenvolvemento das actividades e para unha posible reunión previa.
O programa non dispón de persoal sanitario, polo que non se responsabiliza da administración de calquera tipo de medicación.
O programa terá lugar de luns a venres (agás festivos) de 8:45 a 14:45 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado das persoas participantes polos monitores e monitoras responsables comprenderá esa franxa horaria.
O Verán CampUSC 2024 está dividido nas seguintes quendas:
1ª quenda | Do 24 ao 28 de xuño de 2024 |
2ª quenda | Do 1 ao 12 de xullo de 2024 |
3ª quenda | Do 15 ao 19 de xullo de 2024 |
4ª quenda | Do 22 ao 31 de xullo de 2024 |
5ª quenda | Do 2 ao 10 de setembro de 2024* |
* A data definitiva de remate desta quenda adaptarase unha vez sexa aprobado o calendario do curso escolar 2024/2025 en Educación Infantil e Primaria.
O programa Verán CampUSC 2024 desenvolverase no campus Sur de Santiago de Compostela nas instalacións deportivas da USC e noutras acordadas segundo as actividades planificadas.
Os lugares de chegada e saída das persoas participantes serán o Pavillón Polideportivo Universitario, sito na rúa Joaquín Díaz de Rábago s/n ou o Estadio de Atletismo, na avenida de Novoa Santos s/n, dependendo do grupo que lle corresponda ao neno ou nena inscrito/a e que se lle indicará antes do inicio.
Se por algún motivo houbese que utilizar outra instalación para a chegada e saída, sería comunicada previamente. Esta sempre sería na contorna do Campus Sur.
As prazas ofertadas serán 100 por quenda. Estas prazas estarán reservadas da seguinte maneira segundo a categoría e idades:
Fillos/as da comunidade universitaria (persoal e estudantado da USC) e de persoal da Fundación USC | 70 prazas |
Público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria) | 30 prazas |
A Fundación USC garante unha adecuada organización do programa en condicións óptimas para o número de prazas.
Dende o 12 de abril ao 1 de maio de 2024 estará aberto o período de inscrición para todo tipo de solicitantes. A inscrición farase cubrindo este cuestionario. En caso de haber máis solicitudes por quenda que prazas dispoñibles, utilizarase o seguinte criterio de selección:
Orde do criterio | Criterio de selección |
---|---|
1º | Nenos e nenas inscritos no programa completo (5 quendas). |
2º | Familias solicitantes con maior número de días totais nos que se inscribe. |
3º | Familias con maior número de fillos e fillas inscritos e inscritas. |
4º | Cando haxa máis solicitudes que prazas estando inscritas no mesmo número de días/fillos, terán preferencia as familias numerosas e as monoparentais*. |
5º | Número total de quendas nas que participou a familia nas edicións do Verán CampUSC de 2022 e 2023. |
6º | No caso de haber un grupo de solicitudes en igualdade de condicións para os que as prazas libres dispoñibles non sexan suficientes, ditas prazas serán adxudicadas por sorteo. |
* A estes efectos, non se considerarán familias monoparentais as persoas divorciadas ou separadas que perciban unha compensación económica do outro proxenitor ou proxenitora.
O 8 de maio, como data límite, publicaranse nesta páxina web as listas provisionais de persoas admitidas en cada quenda. A Comisión de Seguimento poderá solicitar documentación acreditativa para elaborar estas listas.
Do 8 ao 12 de maio terá lugar un período de reclamacións e corrección de erros nas listaxes publicadas. As reclamacións faranse no correo verancampusc [at] fundacionusc.gal (verancampusc[at]fundacionusc[dot]gal).
O 14 de maio publicaranse nesta páxina web as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda.
Os prezos especiais por varias quendas ou varios irmáns só se aplicarán cando se fagan nunha única inscrición. No caso de inscribirse a unha quenda e posteriormente a outra, non se aboará a diferenza, senón o prezo completo de ambas quendas. Aplicarase o mesmo no caso de inscribir a varios irmáns.
No caso de que a súa combinación de quendas non apareza na táboa “prezo de varias quendas”, debe sumar o prezo de cada quenda.
Prezo dunha quenda | 1 neno/a | 2 nenos/as | 3 nenos/as |
---|---|---|---|
24-28 xuño | 77 | 142 | 203 |
1-12 de xullo | 154 | 283 | 407 |
15-19 xullo | 77 | 142 | 203 |
22-31 xullo | 108 | 198 | 285 |
2-10-setembro* | 108 | 198 | 285 |
* O prezo da quenda de setembro axustarase en función dos días de duración. Farase público o definitivo unha vez se coñeza a data de comezo do curso escolar 2024/2025. De ser menor que o que figura, e no caso en que xa se tiveran feito pagos, reembolsarase a diferenza.
1ª | 2ª | 3ª | 4ª | 5ª | 1 neno/a | 2 nenos/as | 3 nenos/as |
---|---|---|---|---|---|---|---|
X | X | 243 | 448 | 643 | |||
X | X | 243 | 448 | 643 | |||
X | X | X | 286 | 527 | 756 | ||
X | X | X | 315 | 580 | 832 | ||
X | X | X | 315 | 580 | 832 | ||
X | X | X | 243 | 448 | 643 | ||
X | X | X | 243 | 448 | 643 | ||
X | X | X | 272 | 501 | 718 | ||
X | X | X | 315 | 580 | 832 | ||
X | X | X | 315 | 580 | 832 | ||
X | X | X | 336 | 619 | 888 | ||
X | X | X | 272 | 501 | 718 | ||
X | X | X | X | 378 | 696 | 999 | |
X | X | X | X | 378 | 696 | 999 | |
X | X | X | X | 406 | 748 | 1073 | |
X | X | X | X | 336 | 619 | 888 | |
X | X | X | X | 406 | 748 | 1073 | |
Programa completo | 450 | 829 | 1189 |
A programación do Verán CampUSC 2024 contempla un amplo abano de actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos e de perspectiva de xénero.
É importante destacar que todas as sesións do Verán CampUSC teñen como obxectivo ofertar unha ampla variedade deportiva baseada no respecto e na igualdade entre nenos e nenas para que, nun futuro, lles permita practicar deporte de forma autónoma, duradeira e pracenteira.
O núcleo máis importante de actividades terá unha importante base deportiva, dende as habituais probas do atletismo ata os deportes de equipo (clásicos, como o baloncesto ou voleibol, ou máis alternativos e emerxentes, como o ultimate, colpbol ou quidditch), pasandado polos xogos tradicionais.
Outra liña de actividades vai dirixida a que os rapaces e rapazas descubran novas habilidades persoais ou obradoiros artísticos e potencien as súas aptitudes e capacidades e haberá tamén actividades orientadas a gozar da natureza, como rutas de sendeirismo, carreiras de orientación ou descubertas no entorno natural do propio campus e arredores.
Procúrase ir unha vez por quenda á piscina Fontes do Sar para gozar e xogar coa auga, sempre que a climatoloxía o permita nos días programados.
Todas estas actividades e dinámicas estarán adaptadas ás idades dos rapaces e rapazas en función do seu desenvolvemento evolutivo, buscando a socialización e destacando como un espazo lúdico e de aprendizaxe, sempre coa seguridade como premisa básica na súa organización.
Os horarios e a programación das actividades de cada quenda faranse en función das idades dos nenos e nenas polo que non todos os rapaces e rapazas farán as mesmas actividades.
A programación detallada publicarase na web da Fundación antes do comezo de cada quenda.