Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
Programacións
Xa están dispoñibles as programacións ata a terceira quenda
Pagamento
O prazo para que as persoas admitidas no período de inscrición formalizasen a súa praza efectuando o pagamento está finalizado.
Os chamamentos ás persoas que figuran nas listas de agarda faranse por correo electrónico e haberá un prazo de 48 horas para formalizar a praza. Pode consultar na seguinte táboa o estado da inscrición de cada quenda:
|
Rapaces/as nacidos/as entre 2010 e 2019 |
Rapaces/as nacidos/as entre 2006 e 2009 |
1ª quenda |
PRAZAS CUBERTAS | ANULADA |
2ª quenda | PRAZAS CUBERTAS | ANULADA |
3ª quenda | PRAZAS CUBERTAS | ANULADA |
4ª quenda | PRAZAS CUBERTAS | ANULADA |
5ª quenda | PRAZAS CUBERTAS | ANULADA |
Prazas dispoñibles
Tal e como está indicado na táboa anterior, é posible facer a inscrición na 4ª quenda do Verán CampUSC para aquelas persoas que non a fixeran no prazo inicial. Para formalizar a praza é necesario cubrir o formulario de inscrición e efectuar o pagamento tal e como está indicado nas bases. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de chegada.
No caso de facer a inscrición cando xa non queden prazas, procederase á devolución do importe abonado.
O programa está dirixido aos nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2006 e 2019 (ambos incluídos), fillos/as de:
- Persoal da USC
- Estudantado da USC
- Público en xeral
- Persoal da Fundación USC
- Asistentes a congresos
No formulario de inscrición deberá indicar se o rapaz ou rapaza ten calquera tipo de enfermidade e/ou discapacidade. Estes datos só se tratarán co fin de facilitar os apoios e as adaptacións necesarias para o mellor desenvolvemento das actividades e para unha posible reunión previa.
O programa non dispón de persoal sanitario, polo que non se responsabiliza da administración de calquera tipo de medicación.
O programa terá lugar de luns a venres (agás festivos) de 8:45 a 14:45 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado das persoas participantes polos monitores e monitoras responsables comprenderá esa franxa horaria.
O Verán CampUSC 2023 está dividido nas seguintes quendas:
1ª quenda | Do 22 ao 30 de xuño de 2023 |
2ª quenda | Do 3 ao 14 de xullo de 2023 |
3ª quenda | Do 17 ao 21 de xullo de 2023 |
4ª quenda | Do 24 ao 31 de xullo de 2023 |
5ª quenda | Do 1 ao 7 de setembro de 2023 |
O programa Verán CampUSC 2023 desenvolverase no campus Sur de Santiago de Compostela nas instalacións deportivas da USC e noutras acordadas segundo as actividades planificadas.
Os lugares de chegada e saída das persoas participantes serán o Pavillón Polideportivo Universitario, sito na rúa Joaquín Díaz de Rábago s/n ou o Estadio de Atletismo, na avenida de Novoa Santos s/n, dependendo do grupo que lle corresponda ao neno ou nena inscrito/a e que se lle indicará antes do inicio.
Se por algún motivo houbese que utilizar outra instalación para a chegada e saída, sería comunicada previamente. Esta sempre sería na contorna do Campus Sur.
As prazas ofertadas serán 120 por quenda. Estas prazas estarán reservadas da seguinte maneira segundo a categoría e idades:
Rapaces/as nacidos/as entre 2010 e 2019 fillos/as da comunidade universitaria (persoal e estudantado da USC) e persoal da Fundación USC | 70 prazas |
Rapaces/as nacidos/as entre 2010 e 2019 fillos/as do público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria) | 30 prazas |
Rapaces/as nacidos/as entre 2006 e 2009 fillos/as da comunidade universitaria (persoal e estudantado da USC) e persoal da Fundación USC | 14 prazas |
Rapaces/as nacidos/as entre 2006 e 2009 fillos/as do público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria) | 6 prazas |
A Fundación USC garante unha adecuada organización do programa en condicións óptimas para o número de prazas.